Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Marzo 2008

VOLUNTARIADO

xaruma 13/03/2008 @ 19:49

A quen vai dirixida:

Integración de persoas con enfermidade mental en actividades normalizadas na vida dos barrios e das cidades, e en calquera actividade de lecer.

Quen pode colaborar:

a mozos/as, a educadores/as, persoas que colaboren en asociacións, e a tódalas persoas interesadas no tempo libre.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Xuvenil
- Adulta

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e autonomía persoal
- Vol. cívico

Ámbitos do voluntariado:

  • Entidades de iniciativa social e voluntariado
    - Educación e voluntariado

 

ACTIVIDADES

xaruma 13/03/2008 @ 19:07

 

  • Actividades na natureza.

  • Saídas de fin semana,.

  • Excursións.

  • Sendeirismo.

  • Visitas ás aulas natureza.

  • Campamentos.

  • Actividades integración social.

  • Xestión proxectos sociais.

  • Actividades familiares.

  • Respiro familiar.

  • Festas.

  • Festa da primavera.

  • Magostos.

  • Festas nadal.

  • Festas de entroido.

  • Obradoiro danzas do mundo.

  • Obradoiro risaactiva.

  • Obradoiro manualidades.

  • Obradoiro marionetas gomaescuma.

  • Obradoiros reciclaxe.

  • Obradoiros construcción instrumentos musicais.

  • Campamento urbano.

  • Noites activas.

  • Semana moza

  • Xuntanzas monitores/as.

  • Actividades dinamización e fomento da lingua.

  • Cursos formación.

METODOLOXIA

xaruma 13/03/2008 @ 19:06

metodoloxia XARUMA

XARUMA

xaruma 13/03/2008 @ 18:31

Asociación sen ánimo de lucro que se constitúe o 16 de outubro de 1996, como unha entidade aberta á sociedade e aos medios educativos do tempo libre e da animación socio cultural.

- Teléfono: (tardes) 639406994 escolaxaruma@yahoo.es

- Teléfono voluntariado: 698142158 voluntariadoxaruma@yahoo.es

- Aptdo. de Correos 3232 36205 VIGO.

 

Os fins da Escola son:

  • Favorece-lo achegamento do lecer e do tempo libre a tódolos sectores da poboación.

  • Educar no tempo libre e ofertar formación básica e especializada neste eido.

  • Promove-la participación da xuventude na vida social, económica e cultural.

  • Intervir na e coa animación sociocultural, promovendo o desenvolvemento comunitario.

 

¿QUE OFRECEMOS?

A Escola de Tempo Libre Xaruma é un centro homologado e autorizado para impartir ensinanzas relativas a:

  • Formación en relación coa persoa destinataria das actividades de tempo libre e co medio social no que se desenvolven.

  • Técnicas e actividades de Tempo libre.

  • Metodoloxía educativa de tempo libre.

  • Programa voluntariado.