Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: 1. FUNDAMENTO

XARUMA

xaruma 13/03/2008 @ 18:31

Asociación sen ánimo de lucro que se constitúe o 16 de outubro de 1996, como unha entidade aberta á sociedade e aos medios educativos do tempo libre e da animación socio cultural.

- Teléfono: (tardes) 639406994 escolaxaruma@yahoo.es

- Teléfono voluntariado: 698142158 voluntariadoxaruma@yahoo.es

- Aptdo. de Correos 3232 36205 VIGO.

 

Os fins da Escola son:

  • Favorece-lo achegamento do lecer e do tempo libre a tódolos sectores da poboación.

  • Educar no tempo libre e ofertar formación básica e especializada neste eido.

  • Promove-la participación da xuventude na vida social, económica e cultural.

  • Intervir na e coa animación sociocultural, promovendo o desenvolvemento comunitario.

 

¿QUE OFRECEMOS?

A Escola de Tempo Libre Xaruma é un centro homologado e autorizado para impartir ensinanzas relativas a:

  • Formación en relación coa persoa destinataria das actividades de tempo libre e co medio social no que se desenvolven.

  • Técnicas e actividades de Tempo libre.

  • Metodoloxía educativa de tempo libre.

  • Programa voluntariado.